Difusión e posta en valor de produtos ourensáns

  • O Inorde aproba as axudas para cooperar cos concellos na promoción

 

O Inorde destina 50.000 euros a cooperar cos concellos na promoción de produtos ourensáns. Así o recolle onte o Boletín da Provincia de Ourense que publica a resolución deste concurso a través do cal o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico concede axudas aos municipios para a realización de accións de promoción correspondentes ao exercicio 2021.

Un ano máis o Inorde colabora cos concellos da provincia na celebración de actividades que poñan en valor os produtos do noso territorio. Nesta ocasión, son 26 os municipios que se beneficiarán destas axudas, é dicir, todos aqueles que se presentaron á convocatoria

, destacou o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

Difusión e posta en valor

No marco desta convocatoria, foron consideradas accións de promoción todas aquelas que teñan como obxectivo a difusión e posta en valor de produtos propios da provincia de Ourense. Entre as actividades beneficiadas de ditas axudas cabe destacar a Festa do Pulpo 2021 do Carballiño declarada Festa de Interese Turístico Nacional ou a XLII Festa do Pemento da Arnoia, a XXXI Festa da Vendima de Leiro, a XXXIII Feira do Pemento de Oímbra, a 58º Feira do Viño de Ribadavia, a XXVI Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós, e a Especial Festa da Androlla de Viana do Bolo, todas elas declaradas Festas Galegas de Interese Turístico.

Celebracións

Así mesmo, o Inorde colaborará tamén coas seguintes celebracións: Xornadas de Carne de Boi de Allariz, XIII festa da Vitela en O Bolo, Promoción de produtos locais caldelaos, XI Feira de artesanía e do porco celta de Cortegada, XVII Festa exaltación da empanada forquellas e Cachena da Serra do Quinxo de Entrimo, I Festa gastronómica de promoción do Chourizo de Melón, XXVII Festa da Carne de Montederramo, Festa das Sopas do Burro canso (30ª edición) e do Galo pica no chan (16ª edición) e do Becerrro do Xurés o espeto (4ª edición) de Muíños, IX Festa da pisa da castaña e Feira de produtos locais de Parada de Sil, Magosto e Festa da freba 2021 de Petín, V Festa dos Callos do Concello de Piñor, Bacofesta 2021 da Rúa, Festa do Viño novo da Teixeira, Accións de promoción e posta en valor de produtos de alta montaña da Veiga IV, XV Feira do Viño DO Monterrei de Verín, XLI Festexo da Pataca. Pataca de secano de Vilar de Barrio, Posta en valor da Cebola de Vilar de Santos, XXXII Festa do Cabrito “do forno a túa casa” de Vilariño de Conso, e a Feira da Pataca 2021 de Xinzo de Limia.