Diferencias no trazado de la A-76

A-76Si fai pouco indicábamos que antes de rematar o ano se licitarían dos tramos da autoestrada Ponferrada-Ourense, ou sexa, a A-76, hoxe indicamos que existen certas diverxencias sobre o trazado que deberá ter esta autoestrada, principalmente na zoa da Ribeira Sacra.

Por ese motivo se produjo a semán pasada un encontro entre o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no Pazo Provincial con representantes da plataforma contra a autoestrada A-76, que se opoñen a que o trazado desta vía pase pola Ribeira Sacra. Na xuntanza participaron Natacha López del Río, presidenta da plataforma; Antonio Rodríguez Iglesias, tesoureiro, e Manuel Fernández, integrante do citado colectivo.

O presidente provincial informoulle das xestións que realizou en xullo ante do secretario de Estado de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Rafael Catalá, de quen conseguiu o compromiso para que se abra un novo período de información pública para o tramo da A-76 ao seu paso por Penalba (Nogueira de Ramuín), tal e como solicitaban os veciños, coa finalidade de que os interesados poidan presentar as alegacións oportunas ao trazado.

Manuel Baltar comprometeuse a seguir defendendo o que xa expuxera a corporación provincial no pleno do mes de abril, referente a que Fomento reinicie unha nova información pública antes de comezar a redacción dos proxectos de trazado e construtivos, para que os administrados «dispoñan dun período de alegacións tanto para o trazado como para os aspectos medioambientais».

También te podría gustar...