Día Internacional da Biblioteca en A Rúa

Día Internacional da Biblioteca

Mañá día 24 de octubre celébrease o Día Internacional da Biblioteca e no Concello de A Rúa únese a esta celebración na Biblioterca Pública Municipal.

Desenrolaranse diferentes actividades encamiñadas a por en valor a importancia que teñen as bibliotecas no fomento da cultura e formación de todos.

Estas actividades súmanse a unha campaña institucional organiza pola Xunta de Galicia na cal, dende A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convidan a celebrar o Día Internacional das Bibliotecas cunha ampla oferta de actividades nas catro provincias galegas, organizadas a través dos centros nodais da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Para festexar o 24 de outubro, as bibliotecas públicas González Garcés da Coruña, Juan Compañel de Vigo, Antonio Odriozola de Pontevedra, Ánxel Casal de Santiago de Compostela e as nodais de Lugo e de Ourense organizan durante todo o día actividades dirixidas a grandes e pequenos, que se prolongarán durante a fin de semana.

También te podría gustar...