Día das Mulleres do Rural en Viana

 

Con motivo da celebración do Día da Muller Rural o vindeiro 15 de outubro, o Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Viana do Bolo organiza, a través do Centro de Información á Muller (CIM), unha serie actividades co obxectivos de reivindicar e dar recoñecemento ao papel das mulleres vianesas.

As limitacións propias destos tempos complicados que estamos a vivir impidennos levar a cabo moitas actividades, pero con esta programación tratamos de visibilizar este destacado día minimizando os riscos para a poboación vianesa.

Entre as actividades destacan:

  1. Charla sobre a endometriose: Impartida pola da asociación “querENDO, Mulleres con endometriose”, unha asociación de ámbito galego xurdida en 2015 que persegue contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa de todas as mulleres afectadas de endometriose. O obxectivo da charla é dar a coñecer unha doenza que afecta a máis de 60.000 mulleres en Galicia e que ten un retraso diagnóstico medio de 8 anos. contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitando na medida do posible o deterioro da calidade de vida das mulleres que a padecen.
  2. Festivaleiras: Unha actividade realizada co obxectivo de reunir ás mulleres da nosa vila nunha tarde chea de diversión. Monólogos de humor, pintura, música, merenda para as asistentes, proxección dun trailer documental protagonizado por mulleres de Viana, etc. Todo preparado para ofrecer unha xornada festiva e cultural apta para todos os públicos.
  3. Obradoiro “Dende Exeria a Xela Arias”: Actividade dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos, na que repasaremos a vida de importantes mulleres na historia de Galicia. Un itinerario que no que afondaremos na obra e na vida de grandes referentes intelectuais galegas coma Rosalía de Castro, Concepción Arenal, Filomena Dato. Actividade dentro do Programa Ler Conta Moito de dinamización de bibliotecas.
  4. Charla- coloquio “Emilia Pardo Bazán: unha mente poderosa”: Continuamos coa programación da man da escritora María Canosa quen, con máis de 50 obras publicadas e 10 premios literarios é, hoxe en día, un dos referentes da literatura galega actual. Con ela repasaremos interesante vida de Emilia Pardo Bazán no ano que se cumpre o centenario da súa morte. A actividade, dirixida a público maior de 12 anos, está enmarcada dentro do Programa Ler Conta Moito de dinamización de bibliotecas
  5. Obradoiro “Coidar de min, coidar de nós”: Unha actividade dirixida a mulleres adultas que trata sobre o autocoidado, o empoderamento, o bo trato cara unha mesma e a autoconfianza. Aspectos centrais para o benestar das persoas, pero que son moi descoñecidos para moitas mulleres.

Ademais destas actividades, temos preparadas algunhas outras sorpresas como a presentación dun documental elaborado pola Concellería de Igualdade e Servizos Sociais e o  Centro de Información ás Mulleres e protagonizado polas mulleres do noso concello.