‘De perto’, novas atividades culturais no Concello do Barco esta semana

de perto

A proposta estival en espazos diferentes na procura de novos públicos organizada pela Concellería de Cultura do Concello do Barco continúa a súa andaina polo municipio.

Esta semána o Orfeón Valdeorrés estará na igrexa de Santa María de Vilanova o xoves día 10 xullo ás 20h30. Neste concerto, vai interpretar nunha primeira parte pezas de polifonía sacra e nunha segunda, outras de carácter popular.

E para o venres dia 11 xullo ás 22h30 coa obra Gargallada Teatro co «Anel máxico» no patio das Escolas de Éntoma .

Gargallada Teatro foi creado a partir dun Obradoiro de Teatro posto en marcha polo concello do Barco e mantén unha importante actividade continuada, recollendo numerosos éxitos en todolos espectáculos que representou. Mantén tamén unha interesante actividade formativa e puxo en marcha ciclos de teatro amateur, nos que intercambia os seus traballos cos realizados por outros grupos galegos.

Nesta ocasión Gargallada dá un salto na súa traxectoria con “O anel máxico”, adaptación de “Commedia, un xoguete para Goldoni” de Cándido Pazó que dirixe Manuel Caramés e que está interpretado por Aurora Fernández, Reyes Limia, Gabriel Prada, Lalo Santos, Fran Fernández, Sol Rodríguez, Nuria Menéndez, José María Rodríguez e Manuel González. «O anel máxico» foi estreado no Teatro Lauro Olmo do Barco o día 1 de novembro de 2013 cun notable éxito de público.

Mentres  O Orfeón Valdeorrés foi creado en 1979 polo concello do Barco como resposta á iniciativa dun grupo de afeccionados ao canto da localidade. O seu primeiro director foi Luis Olano Arias e por el pasaron, en todos nestes anos, numerosos homes e mulleres do Barco e da comarca, que conformaron coas súas voces un referente musical e cultural. O Orfeón Valdeorrés gravou dous discos e participou en numerosos concertos e festivais por toda España, ten realizado igualmente saídas puntuais a Portugal, Cidade do Vaticano, Francia e Italia. Na actualidade está dirixido por José Ramón Mansilla.

As actividades continuaran a semana vindeira.

También te podría gustar...