Dani Barreiro nos ‘Xoves de Terraceo’ da Pobra de Trives

Seguen os ‘Xoves de Terraceo’ na Pobra de Trives da man do Boliche e A Cantina do Catro, dous establecementos que decidiron retomar a actividade de lecer este verán ambientando a Praza Doutor Paz de boa música e humor.

 

Encamiñando xa o final de mes e de ciclo, hoxe xoves 19 ás 22:00 h. chega a estas terras da man de Hermanager Producións, Dani Barreiro, un músico de Vilagarcía que ten moitas ganas de estrenarse neste escenario que será novo para el. 

 

Con Dani lembraremos a música de artistas tan dispares como Andrés Dobarro, Juan Pardo, o rués Magín Blanco, Loquillo, Gabinete Caligari, Duncan Dhu, Andrés Calamaro, Quique González, Coque Malla, Joaquin Sabina… pasando por Rosendo, Burning ou Los Secretos; variando o seu ecléctico repertorio e incluíndo clásicos internacionais de diferentes artistas como Johnny Cash, Neil Young, Neil Diamond, REM, Depeche Mode, Rolling Stones, The Beatles, etc.