“Curva España” da compañía Chévere en Monforte

  • O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro, e programa para este xoves 10 de decembro unha obra dirixida a público adulto no Edificio Multiusos a partir das 20.15 h
  • O aforo máximo será de 120 persoas, segundo a normativa vixente para este tipo de espazos e actividades, e a venta de entradas levarase a cabo 1 hora antes do inicio da obra. A entrada do público ó Multiusos terá lugar media hora antes
  • O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes
  • Todos os asistentes deberán seguir as indicacións do protocolo específico de seguridade e hixiene ante o Covid-19 co que conta o Concello para as representacións teatrais no Multiusos

 

O ciclo de teatro do Concello de Monforte previsto para o último trimestre do ano 2020 continúa adiante, seguindo as medidas de seguridade e hixiene determinadas polas autoridades sanitarias ante o Covid-19 para a realización deste tipo de actividades.

Deste xeito, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios correspondente ó segundo semestre de 2020, hoxe xoves 10 de decembro ás 20:15 no Edificio Multiusos terá lugar a quinta cita co teatro para adultos coa posta en escena da obra Curva España, da compañía Chévere, obra interpretada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes.

Tendo en conta a recente normativa establecida polas autoridade sanitarias para este tipo de actuacións, o aforo máximo do Multiusos será de 120 persoas. Do mesmo xeito, a venta de entradas levarase a cabo 1 hora antes do inicio da obra, ata completar o aforo indicado, e a entrada do público ó Multiusos terá lugar media hora antes.

 

Sinopse: A historia da curva na que se matou España

 Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre ahistoria e a lenda, entre apantalla e o escenario.

Coma outras veces, se parte dunha historia moi local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense) durante os últimos cen anos.

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.

A seguinte obra do ciclo de teatro para adultos, dentro da Rede de Teatros e Auditorios, programado polo Equipo de Goberno do Concello de Monforte será Poeta en Nova York da compañía Teatro baixo da area que terá lugar o xoves 17 de decembro no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados. 

Protocolo ante o Covid-19

Para o desenvolvemento deste ciclo de teatro que abranguerá de outubro a decembro do presente ano, o Concello de Monforte contará con medidas de seguridade e protección ante o Covid-19:

  • A capacidade do local dependerá da situación sanitaria no momento de cada actuación: nestes momentos o aforo máximo é de 60 persoas.
  • A venda de entradas farase dende unha hora antes da actuación.
  • A entrada ó salón de actos realizarase dende trinta minutos antes do comezo da obra.
  • Será obrigatorio o uso de máscaras de protección e a utilización da solución hidroalcohólica para as mans.
  • Gardarase a distancia social de seguridade.
  • Non se tomará asento ata que o acomodador lle indique o seu sitio.