Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia da Xironda

Pequeño incendio en A RuaA Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Cualedro, parroquia da Xironda.

O lume iniciouse ás 11:35 horas do domingo e quedou controlado ás 14:25 horas de hoxe. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 314 hectáreas. Nas tarefas de extinción levan traballado 2 técnicos, 27 axentes forestais, 70 brigadas, 35 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

También te podría gustar...