Escudo de QuirogaO Concello de Quiroga ten organizado para o  domingo 15,  o Concurso Desfile de Comparsas. Dará comezo  ás 17:00h  coa saída das comparsas  participantes da Rúa Piscinas para percorrer a Rúa Real  ata rematar diante do Concello:  Alí  o Dúo Fondo Tropical amenizará o baile de entroido e tamén terá lugar a entrega de premios aos gañadores que  acadarán :

* Un primeiro premio de 500,00 €

* Un segundo premio de 300,00 €

* Un terceiro  premio de 150,00 €

* Cada comparsa participante recibirá 60€.

Ademais das comparsas, poden participar disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo serán tres membros por disfrace) e para estes establécese un único premio  de 60,00€.

Este ano hai 7 comparsas inscritas  para participar neste concurso  e dous disfraces da modalidade  individual. O total de integrantes de cada comparsa  varía, así  a partir de dez membros, mínimo fixado nas bases do concurso; hai agrupacións de  ata cincuenta  persoas. En total unhas trescentas persoas participarán neste desfile.

Os actos de entroido sucederánse o luns, día 16, coa Festa Infantil de Disfraces no Pub YoYa e o martes co baile de disfraces que terá lugar no Centro Social.