10984581_821144621272519_3464147281644267756_o

 

Concerto solidario en Quiroga o día 28 a prol de Edgar, o pequeno veciño da localidade que sofre unha parálise cerebral para quen se lle quere conquerir unha cadeira especial para facilitar o transporte en coche.

A cadeira está valorada en 1200€ e para conseguilos contase coa Escola de Música de Concello de Ribas de Sil. Nenos e nenas da comarca facendo música para outro neno e por unha boa causa.

As entradas xa están á venda nalgúns locais de Quiroga e San Clodio (3€) e para os que queran colaborar pero non podan estar no concerto tamén hai entradas de FILA 0 nos mesmos locais.

Neste momento os negocios con entradas á venda son:

SAN CLODIO: Hotel Las Vegas, Bar Central e Carnicería Javier.
QUIROGA: Chapakuña3, Secinga, Aljayde, Bar Portón e Café Monbel.