Concerto de jazz a cargo de Eve Cornelious Quartet

  • O Multiusos de Monforte acólleo mañá domingo 24

 

O Concello de Monforte de Lemos segue a programar actividades culturais no mes de outubro, e nesta ocasión, mañá domingo 24 de outubro ás 19:30 h e no Edificio Multiusos terá lugar un concerto de jazz a cargo do grupo Eve Cornelious Quartet.

O grupo Eve Cornelious Quartet está formado pola prestixiosa cantante nada en New Jersey Eve Cornelious xunto ó gran organista neoiorquino Brian Charette, o guitarrista lucense Telmo Fernández e o baterista estaudounidense Jason Brawn.

A entrada é gratuíta ata completar a capacidade do local seguindo a normativa sanitaria no momento da actuación. A entrada ó salón de actos realizarase ás 19:15 h e a entrega das invitacións será dende as 18:30 h.

Toda a información sobre o concerto, en dossier adxunto.

También te podría gustar...