Concentración do persoal do Hospital Comarcal convocada pola CIG-Saúde pola precariedade laboral

concentracion ciga  

Esta mañá, diante do Hospital Comarcal de Valdeorras, a Cig-Saude tiña previsto facer concentracións para reclamar o emprego digno dentro do sector sanitario na nosa comunidade, concentracións que se produciron en diante de tódolos centros hospitalarios da nosa comunidade.

As reclamacións deste sindicato na súa división de saude, céntranse nas pésimas condicións das contratacións laborais que ven de facer o SERGAS, cunha total precariedade que redunda nunha imposibilidade de atender os pacientes de forma correcta e adecuada.

En declaracións dadas a este medio por Carlos Álvarez, membro do sindicato convocante, ‘a Cig-Saúde O Barco convocou  hoxe a todos os traballadores do Hospital Comarcal Valdeorras a unha concentración diante do hospital, convocada a nivel nacional, onde denunciamos que’:

  • Seguimos reivindicando a cobertura do 100% das  prazas e a supresión da taxa de reposición.
  • Que ésta OPE convocada, e as que queren convocar, son esencialmente recaudatorias, obrigan ao persoal a presentarse para conseguir a puntuación para as listas de contratación, pagando a conseguinte taxa, e con poucas ou nulas probabilidades de estabilizar o seu emprego.
  • A cobertura de tódalas ausencias de forma nominal.
  • O uso correcto dos chamamentos da lista de pool.
  • Que rexeitamos de forma rotunda os contratos de media xornada ou por horas para cubrir xornadas completas.
  • Que a Conselleira minte descaradamente cando dí que no Sergas non se fan contratos de un día, cando se pode demostrar que no 2014 levamos mais de 100.000 contratos de un día.

Continuando coas delcaracións, ‘na Cig-Saúde  seguiremos en loita sempre que esta Administración e este Goberno siga recortando e vapuleando os nosos dereitos e continue con o seu afán privatizador’.

También te podría gustar...