Comeza o XXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra

Será dende o día 21 ata o día 26 deste mes de xullo.

XXII Festival Inyernacional de Jazz e Blues de Pontevedra

O programa do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra de 2014 segue a mesma liña que nos caracteriza dende hai xa vinte e dous anos.

Concertos gratuítos nas rúas e prazas do Casco Vello, coa participación de artistas internacionais de primeiro nivel e prestando unha atención especial aos músicosgalegos. Hai jazz contemporáneo (Xan Campos), fusión (Richard Bona) e, como é habitual neste festival, non faltará o blues (Eric Bibb) e o soul (Robin McKelle).

A voz vai ser un elemento que pode definir en gran parte esta edición, non en van vai estar especialmente presente nos concertos da Praza da Ferraría.

E non pode faltar a actividade docente no eido do jazz, que supón ademais unha gran oportunidade de colaboración entre os músicos do país e doutras latitudes.

Programación:

Praza do Teucro 22.30 h

  • LUNS 21: GABRIEL PESO TRIO
  • MARTES 22: MARCOS PIN FACTOR E-RESET

Praza da Ferraría 22.30 h

  • MÉRCORES 23: THE RICHARD BONA GROUP
  • XOVES 24: ROBIN MCKELLE & THE FLYTONES
  • VENRES 25: ERIC BIBB QUARTET
  • SÁBADO 26: XAN CAMPOS GRUPO

También te podría gustar...