Terra de Trives vs Verín no concurso gastronómico de comida tradicional

  • Este mércores, 6 de xaneiro, no programa da TVG «Come a Comarca – As Batallas»

©TVG

 

O equipo trivés está liderado por Anxo Trives, do Hostal La Viuda, e xunto con el completan o equipo Isabel Prada, de Casa Agenor, Óscar Freire, de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, e Luisa Martínez e Berta Cereijo como cociñeiras afeccionadas.

Estes cinco cociñeiros do Macizo Central Ourensán ‘batiranse en duelo’ coa Comarca de Verín, competindo entre fogóns na búsqueda da zona que mellor cociña de Galicia.

Os encargados de deseñar as recetas e vixiar como van evolucionando as probas sen poñérllelo moi doado son os cociñeiros profesionais Gerson Iglesias como xefe dos pratos salgados e Manuel Garea como xefe dos doces.

Compre sinalar que estes concursantes recrutados por Fran Cañotas loitan polo prestixio da gastronomía e produto local do seu territorio e por chegar á final onde están en xogo 15.000€ para a comarca gañadora de entre as dezaseis participantes.

También te podría gustar...