• Valentín García clausura no Liceo de Ourense o ‘Abril Oteriano’

liceoO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou onte o ciclo de conferencias do ‘Abril Oteriano. Corenta anos do pasamento de Otero Pedrayo’, que acolleu o Liceo de Ourense durante cada sábado deste mes co gallo do 40º cabodano do Patriarca das Letras Galegas, finado o 10 de abril de 1976. A iniciativa organizouna a Fundación Ramón Otero Pedrayo coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación e contou coa participación de Xesús Alonso Montero, Víctor F. Freixanes, Alfonso Vázquez Monxardín, Patricia Arias Cachero, Laura Tato Fontaíña,Susana Reboreda Morillo, Carme Fernández Pérez Sanjulián e Andrés Mazaira.

O tributo a Otero Pedrayo completarase na primeira semana de maio coa presentación da obra ‘De camiños, viaxeiros e camiñantes. Peregrinos de Nós ao cabo do mundo’, coa que Santiago Lamas e Alfonso Mato se fixeron co Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2015, promovido conxuntamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola Editorial Galaxia e por Gas Natural Fenosa.