Clausurada a vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense
- A delegada territorial da Xunta asistiu onte á clausura da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense
A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, asistiu no Auditorio Municipal á gala de clausura da vixésima edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), na que se proxectou a curtametraxe “Consumo Responsable (nivel 7)” de Santiago Segura e o filme “Tercer grado” de Geoffrey Cowper. Remataron así nove intensos días de programación cinematográfica e actividades paralelas vinculadas ao audiovisual. O OUFF, promovido polo Concello de Ourense, contou coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), entre outras entidades.