O vindeiro 12 de decembro chega a I Chuvia das Xemínidas a celebrar no único Destino Starlight de Galicia, Trevinca. Ceo único no mundo para contemplar esta chuvia de meteoros de actividade alta, a maior do ano xunto coa das cuadrántidas.

Cartel da Xornada

Cartel da Xornada

Observaremos os meteoros, constelacións, a nosa vía láctea… dende o Miradoiro Estelar O Rañadoiro, lugar con excelentes cualidades para contemplar ceo nocturno.

Experiencias únicas que nos oferta o Destino Turístico Starlight Trevinca, como un concerto á luz da lúa baixo a chuvia de meteoros “Nanas para Trevinca”.

Nos dous obradoiros que se celebrarán ao longo de todo o día, aprenderemos a manexar telescopios, que nos achegarán obxetos lonxanos do firmamento con moito detalle e planisferios celestes, para localizar e recoñecer estrelas e constelacións.

O chocoanoitecer baixo o paraugas dos meteoros será o remate dunha xornada única no Destino Turístico Starlight Trevinca.

Como Destino Turístico estamos comprometidos a coñecer a verdadeira natureza dos corpos celestes que nos rodean e a nosa ubicación no universo.

“Está a chegar un intre único…a chuvia de estrelas máis espectacular do ano,nun dos melloresceos do mundo

12.12.2015 As Xemínidas dende Trevinca –AVeiga”

Programa

Programa