Catamarán en Castrelo de Miño

  • O Concello de Castrelo de Miño pon en funcionamiento o catamarán como reclamo turístico cultural

 

O alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, a presidenta do Club Náutico, Beatriz Alberte e o tenente alcalde José Antonio Ferreiro, veñen de asinar un convenio de colaboración para o uso do catamarán durante os meses de xullo, agosto e setembro como embarcación en actividades turístico – culturais que poñan en valor o patrimonio do concello.

O catamarán, que sairá a navegar os días laborais cun mínimo de 5 persoas e baixo reserva previa; as fins de semana terá saída ás 12:00, ás 18:00 e ás 19,30 horas nos meses de xullo e agosto, e ás 12:00, ás 17:00 e ás 19:00 en setembro.

Mañá domingo 18 de xullo ás 13:30 horas no Parque Náutico de Galicia, realizarase o acto oficial de inauguración do inicio de desenvolvemento das actividades co catamarán.

 

También te podría gustar...