• A Xunta colabora na difusión da campaña de erradicación da mutilación xenital feminina
  • A ONG Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade pon en marcha un Concurso de Ilustración co fin de visibilizar ante a sociedade esta discriminación
  • O pasado 6 de febreiro foi o Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina

stop-ablation-world-visionA Secretaria Xeral da Igualdade colabora coa difusión do concurso de Ilustración da “Campaña de Erradicación da Mutilación Xenital Feminina posta en marcha pola ONG Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade.

O pasado 6 de febreiro foi o Día Internacional de Tolerancia Cero coa Mutilación Xenital Feminina, e por iso a ONG pon en marcha o Concurso para facer visible á sociedade española desta discriminación, vulneración de dereitos e violencia contra a muller, que sofren actualmente 140 mulleres e nenas en todo o mundo.

A ONG Confederación Mulleres en Igualdade é de ámbito nacional e procura a protección dos dereitos da muller, especialmente das mulleres vítimas de violencia de xénero. No ano 2014, editaron o Manual de Prevención da Mutilación Xenital Feminina: Boas Prácticas, que este mesmo ano vaise actualizan e reeditan con 8.000 exemplares, e traducido ao inglés e francés cun total de 6.000 exemplares máis.

As bases do Concurso poden descargarse na http://www.mujeresenigualdad.com/Concurso-de-Ilustracion_es_174_1680_0_148.html, e a data de entrega remata o vindeiro 14 de abril.