Bodegas Loeda transmite o seu total apoio á hostalería

Damián Varela, responsable de comunicación, lembra que “as adegas imos da man da hostalería, sector ao que lle temos que estar sempre agradecidos”.

Nun ano “no que o obxectivo é non perder”, esta adega da D.O. Ribeiro convida a retomar o consumo de viño en bares e restaurantes.

Dentro da campaña de Nadal impulsa tamén a venda online con atractivos packs.

 

Comeza a conta atrás para o Nadal, época do ano na que se activa o consumo con celebracións, encontros de compañeiros de traballo, amigos e familiares; momento tamén no que o concepto agasallo toma un protagonismo especial.

 

Todo previsible dentro das rutinas dun Nadal normal, pero este ano marcado pola pandemia vai limitar estes encontros. Conscientes desta realidade, en Bodegas Loeda convidan a reactivar o consumo de viño Ribeiro entre todos e todas nos bares e restaurantes, con precaución e dentro das medidas sanitarias que correspondan. Porque segundo nos indican, “a hostalería vai da man das adegas”. Damián Varela, responsable de comunicación e marketing da adega, sinala tamén que “o obxectivo deste ano é non perder” e “un ribeiro hai que tomarllo”.

En Bodegas Loeda convidan a reactivar o consumo de viño Ribeiro entre todos e todas nos bares e restaurantes

Convidan a consumir nos bares e restaurantes pero tamén nas casas, hoxe con máis facilidades que nunca grazas ás compras online. Respecto á venda virtual, Damián Varela refire que “este ano queremos estar coas familias en forma de agasallo”. Con este obxectivo están lanzando unha oferta moi atractiva para chegar ás nosas mesas, ou ás de amigos e/ou familiares cos que non poidamos coincidir no Nadal, os mellores caldos da súa adega: o ribeiro Catro Parroquias e o albariño 5 Rías.

Damián Varela: “este ano queremos estar coas familias en forma de agasallo”

A promoción consiste en escoller 3 botellas das dúas marcas referidas, combinadas como se queira, e facer o pedido na tenda online ou por teléfono. Polo irresistible prezo de 30 € -gastos de envío incluídos- chegará á casa un pack con tres botellas de viño, un sobre de xamón ibérico cortado a man e unha lata de berberechos ao natural da Ría de Muros.

Varela comenta que a idea era ofrecer viños estrela de Bodegas Loeda, e acompañalos dun detalle en forma de produtos galegos, de mar e de terra, que ademais “maridan moi ben cos nosos viños”, engade.

 

 

2020, UN ANO DE PREMIOS

O responsable de comunicación de Bodegas Loeda lémbranos que un dos viños estrela da adega, Catro Parroquias, pode presumir “dun 2020 para lembrar” polos recoñecementos recibidos.

En xuño foi distinguido cun “Baco de Oro” tras a celebración da XXXIV Cata-Concurso Nacional de Vinos Jóvenes, nos Premios Baco cosecha 2019 que organiza a Unión Española de Catadores.

Catro Parroquias, pode presumir “dun 2020 para lembrar” polos recoñecementos recibidos

 

Meses máis tarde recibía outros dous galardóns, nesta ocasión nos Premios VinDuero-VinDouro 2020 que se celebran en Portugal e distinguen os mellores viños da Península -España e Portugal-. O viño ribeiro Catro Parroquias recibiu dous ouros, un “Arribe de oro” e un “Arribe de oro en femenino” no que o xurado está composto só por mulleres. Segundo Damián Varela, “con este premio, moi importante para nós, comprobamos tamén que o Catro Parroquias é un viño que lle gusta ás mulleres”.

 

También te podría gustar...