“ANTE A VIOLENCIA NON TAPES A BOCA”!!, 25-N en Viana

Con motivo da conmemoración o 25 de novembro do «Día internacional da Eliminación da Violencia contra a  Muller», o Concello de Viana do Bolo, a través do Concellería de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha serie de actividades e actos durante este mes de novembro ao redor do lema “25N: ANTE A VIOLENCIA NON TAPES A BOCA”

A campaña, que este ano se trasladará dun xeito moi importante ás Redes Sociais, xira en torno a unha idea fundamental: a importancia da implicación de toda a veciñanza na loita contra esta lacra. Publicacións diarias dende o martes 10 de novembro ata o 30 do mesmo mes darán conta da magnitude deste problema que afecta, non só as mulleres, se non a fillas/os, familias e a sociedade en xeral.

A campaña tamén será visible coa creación dun Punto de Información e Sensibilización na Praza Maior de Viana do Bolo na semana do 23 ao 27 de novembro. Neste Punto de Información as persoas que o desexen poderán achegarse e recibir información e material da campaña (dípticos informativos, máscaras, mochilas, camisetas, etc.).

Un ano máis propoñemos tamén a realización de varios obradoiros de promoción da igualdade e prevención da violencia no IES Carlos Casares da man de recoñecidas escritoras galegas coma Antía Yáñez, Montse Fajardo e da ilustradora Laura Romero.

Por último, o Concello de Viana do Bolo colaborará un ano máis na campaña de sensibilización «En negro contra as violencias», na que participan máis de 100 concellos galegos e que inclúe os establecementos comerciais e institucións da vila de Viana coa distribución de máis de cartelería e lemas propois da campaña.

En resumo, as limitacións propias destos tempos complicados que estamos a vivir impídennos levar a cabo moitas actividades e actos, pero con esta programación tratamos de conmemorar este destacado día minimizando os riscos para a poboación… recordando que “ANTE A VIOLENCIA NON TAPES A BOCA”!!

O deseño da imaxe da campaña correu a cargo da coñecida ilustradora e deseñadora gráfica pontevedresa Paula Cheshire. 

También te podría gustar...