Alumnos do centro ‘Antela’ coñocen de preto o labor da Policía Nacional

  • Os nenos e nenas da Escola Infantil ‘Antela’ coñocen de preto o labor da Policía Nacional
  • A delegada territorial da Xunta en Ourense compartiu esta xornada cos alumnos e alumnas deste centro

070416 policía na EI Antela

 

Os alumnos e alumnas da escola infantil “Antela” recibiron hoxe a visita dunha representación de membros da Policía Nacional, dentro dunha serie de actividades organizadas por este centros dependente da Consellería de Política Social co obxectivo de achegar aos máis pequenos o labor social de diferentes colectivos de servizos públicos e o seu modo de traballar.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse a este centro para compartir a xornada cos nenos e nenas de 1 a 3 anos que participaron na actividade. Os pequenos coñeceron a actividade dos axentes policiais, o seu uniforme e os seus vehículos co obxectivo de familiarizarse con estes funcionarios públicos que velan pola seguridade e aos que se poden recorrer para resolver un problema.

Esta actividade enmárcase dentro da programación establecida para o mes de abril que, baixo o título “Educación vial, os medios de transportes públicos e os oficios”, inclúe tamén a visita do Corpo de Bombeiros, a viaxe nun autobús urbano, e charlas de educación vial que transmitirán normas básicas como cruzar polos pasos de peóns ou cando o semáforo estea verde.

070416 policía na Antela

 

También te podría gustar...