Actualidade e grandes clásicos para a actuación de Alberte Montes no ciclo de humor ‘Sarria Sorrí’

  • Alberte Montes no ciclo de humor ‘Sarria Sorrí’
  • O actor e humorista galego chega de Barcelona coa mochila cargada de actualidade e grandes clásicos para a actuación deste venres 7 de agosto na terraza ‘O Meigallo’ de Sarria.

 

A produtora Etiqueta Negra e o Concello de Sarria, coa intención de erguer o ánimo e sacarlle un sorriso á xente, decidiron botar adiante semanas atrás un ciclo de humor baixo o título “Sarria Sorrí”. Polo mesmo, pasaron xa humoristas como Leo Harlem, Eva Soriano, Álex Clavero, Quique Matilla e Pablo Meixe. Este venres 7 de agosto poderemos ver a Alberte Montes, e en vindeiras datas a Oswaldo Digón e David Amor.

Montes chega de Barcelona ao seu Anguieiros natal (en Quiroga) con ganas de aldea pero tamén con ganas de comunicar e facer rir, con moita fame de escenario tras cinco meses sen monologuear. Trae moitos temas novos na mochila e empregarase a fondo para facer gozar ás/aos que se acheguen á terraza ‘O Meigallo’ este venres 7 ás 22:00 h. (Previa reserva contactando no 697405088).

Alberte Montes

Este polifacético artista recoñécese principalmente nas facetas de actor, guionista, director, humorista e presentador.

Como actor ten participado en varias ficcións, as máis recentes foron ‘FARIÑA’, emitida en Antena 3, e recentemente na serie ‘Do dereito e do revés’ na TVG.

Como humorista participou en programas como ‘Los Infiltrados’ e ‘Los lunes al GOL’ da canle temática GOL, en ‘Land Rober’ e ‘Luar’ da TVG e tamén en “La ventana’ da cadena SER, programa no que un ano máis forma parte do equipo algunhas tardes dos meses de xullo e agosto.

 

El berciano Leo Harlem encabeza el espectacular primer cartel de ‘Sarria Sonríe’