Acondicionamento do mobiliario urbano no Paseo de San Roque en A Pobra de Trives

Concello-de-A-Pobra-de-Trives-300x278O Concello da Pobra de Trives, a través de área de Infraestructuras e Obras, está levando a cabo un proceso de acondicionamento do mobiliario urbano situado no Paseo de San Roque.

Coa rehabilitación e tratamento da madeira estase a conservar e a pór en valor un dos espazos máis frecuentados e selleiros da vila.

A actuación enmárcase no compromiso do goberno local de manter, conservar e coidar os diferentes equipamentos públicos.

O alcalde, Francisco José Fernández, entende que “é necesario a inversión pública pero tamén e obrigado o coidado dos equipamentoscos que xa contamos”. O rexedor considera que nesta tarefa deben implicarse todas e todos os veciños para que a postal de Trives non presente deterioros voluntarios.

También te podría gustar...