Aberto o prazo para anotarse ás actividades do Museo Xeolóxico de Quiroga

 

Xa está aberto o prazo para anotarse ás actividades do Museo Xeolóxico de Quiroga, na Casa de Cultura de Quiroga (Teléfono 982435125).

Domingo, 23 de novembro de 2014: excursión por Laciana, Babia e Barrios de Luna para visitar distintos xacementos de fósiles.

Sábado, 29 de novembro de 2014: Metodoloxía arqueolóxica. O xacemento. Charla e visita ao Castro da Torre en Sobredo. Folgoso de Caurel.