A Xunta indica que hai 18.000 fogares con menores que sofren carencia material severa

xunta de galiciaA Xunta indica que hai 18.000 fogares con menores que sofren carencia material severa, segundo o informe sobre a pobreza infatil presentado pola directora xeral de Familia, Amparo González.

A carencia material severa define unha situación na que unha persoa ten polo menos catro das seguintes carencias: non pode permitirse vacacións polo menos unha semana ao ano (1), non pode comer carne, polo ou peixe polo menos cada dous días (2), non pode manter a vivenda cunha temperatura axeitada (3), non pode afrontar gastos imprevistos (4), tivo atrasos en pagamentos relacionados coa vivenda principal (5) non pode ter coche (6), teléfono (7), televisor en cor (8) ou lavadora (9).

Por provincias, a carencia material severa dos fogares con menores sitúase no 8,16% en Ourense e no 8,02% en Pontevedra, seguidas de Lugo (7,4%) e A Coruña (6,69%). As áreas con máis concentración de poboación en risco de carencia son a Costa da Morte, Barbanza-Noia, Caldas-O Salnés, Vigo e Pontevedra sur.

También te podría gustar...