A Xunta destina 2,1 millóns de euros á compra de motobombas contra incendios forestais para a súa cesión aos concellos galegos

Incendio1O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar que regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas aos concellos para o apoio á extinción de incendios forestais, consistentes na cesión en propiedade de vehículos especialmente preparados para o exercicio destas funcións.

Os vehículos obxecto de cesión son de dous tipos: uns equipados con cisterna de 3.000 litros e cabina sinxela e outros equipados con cisterna de 2.400 litros e cabina dobre.

Poderán solicitar os beneficios desta orde os concellos galegos que de forma individual ou conxuntamente baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar) cumpran unha serie de requisitos, que se especifican na devandita orde, así como os criterios de avaliación.

A Consellería destinará á adquisición de vehículos motobomba, para a súa cesión en propiedade aos concellos, un total de dous millóns cen mil euros.

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

También te podría gustar...