A Xunta completa a activación da aplicación para móbiles coa que consultar a predición meteorolóxica por concellos

aemetA Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) veñen de completar a activación da aplicación gratuíta Meteogalicia coa que os cidadáns poderán consultar a información de predición e das redes de observación de Meteogalicia por concellos e para un horizonte de ata 10 días, a través dos seus dispositivos móbiles.

Ata o momento só os usuarios con dispositivos Android e iOS, tanto para smartphone como tablets, tiñan esta opción que agora se amplía para os usuarios de Windows phone e BlacberryOS. Segundo os datos que rexistra a Amtega, desde que se puxo en marcha esta apliacion en agosto deste ano, efectuáronse máis de 40.000 descargas (11.287 de Apple Store e 30.088 de Google Play).

Esta nova ferramenta ao servizo dos cidadáns permite consultar información meteorolóxica desde calquera punto a través do teléfono móbil e o estado do mar, a predición para todas as praias de Galicia e das mareas.

Grazas a este servizo gratuíto tamén se poden acceder ás imaxes en tempo real do radar de Meteogalicia e do satélite Meteosat, así como visualizar vídeos das últimas horas destes dous servizos.

Outra das novidades que integra esta aplicación é o acceso en tempo real ás estacións meteorolóxicas de calidade do aire e das boias oceanográficas da Xunta, que aportan información sobre as mareas, así como aos avisos meteorolóxicos por concellos. Tamén se pode consultar un histórico dos raios rexistrados, o estado das mareas e a gráfica de evolución, así como as horas do orto e do ocaso, as fases da lúa, o estado actual e a superficie iluminada.

A aplicación Meteogalicia busca trasladar aos dispositivos móbiles toda a información de predición e das redes de observación de Meteogalicia, xa que nos últimos anos un importante segmento da poboación accede a internet a través dos seus móbiles.

A previsión da Xunta é que esta aplicación sexa un referente para a consulta da información meteorolóxica, tal e como o é a páxina web de Meteogalicia (e aos seus servizos asociados), que segue a ser unha das páxinas máis visitadas en Galicia. Segundo os datos de uso e impacto que contabiliza Meteogalicia no 2014 o número de visitan situouse nos 55 millóns e supera os 51 millóns de visitas de 2013.

También te podría gustar...