A Xunta aposta en Ourense por incrementar as relacións comerciais con Colombia

Negocio Colombia

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, destacou hoxe que o Goberno galego aposta por seguir impulsando a proxección exterior das empresas galegas no marco da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega 2020. Martínez participou no acto de apertura dunhas xornadas técnicas sobre as posibilidades de negocio con Colombia, organizadas pola Confederación Empresarial de Ourense (CEO).

O delegado territorial destacou as posibilidades de incrementar as relacións bilaterais e lembrou que durante o ano pasado máis de duascentas empresas galegas venderon produtos e servizos a Colombia, sumando unhas exportacións cifradas en 33 millóns de euros, cun incremento dun 67% sobre as cifras rexistradas en 2011. “As cifras son relativamente baixas, tendo en conta o potencial do mercado de Colombia, que está entre as economías mías potentes de América latina. Hai marxe de mellora”, indicou Rogelio Martínez. Neste sentido, indicou que a Consellería de Economía e Industria –a través do Igape- está a apoiar iniciativas de internacionalización das empresas galegas cun amplo abano de servizos e axudas financeiras xa que “a internacionalización é unha vía irrenunciable para mellorar a competitividade das empresas galegas e recuperar o crecemento económico”.

Na súa intervención, Martínez apuntou que Ourense conta con máis de 650 empresas que exportan, pero que hai que incrementar esta cifra. Na actualidade, a Xunta está a consensuar coas entidades e organismos empresariais a Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega coa que aspira a asegurar o progresivo incremento das exportacións ata superar, no horizonte de 2020, os 23.000 millóns de euros.

También te podría gustar...