A Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará a partir de mañá á provincia da Coruña

aemetA Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta alerta dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará á provincia da Coruña a partir de mañá.

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase a partir da media tarde de mañá , no litoral noroeste e oeste da provincia da Coruña, mar combinada do oeste, de 5 a 6 metros, e suroeste de forza 7 ocasionalmente 8.

Nivel amarelo vixente

Así mesmo, AEMET avisa do inicio de nivel amarelo por costeiro no día de hoxe nas zonas noroeste e oeste da provincia da Coruña e provincia de Lugo e para mañá no suroeste de Coruña e provincia de Pontevedra. Tamén para mañá esperase a última hora da tarde inicio de ventos de nivel amarelo na Mariña Lucense.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas; ás Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, agárdase que se adopten as medidas oportunas para garantir a seguridade dos bens e das persoas.

Tamén recórdaselle á poboación a importancia de seguir as medidas de protección como evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e fiestras. Ademais, aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

También te podría gustar...