A xerencia de estión intergada do Sergas en Ourense continúa a formar ó persoal para atender hipoteticos casos de ébola

SERGAS

 

 

  •  O Servizo de Medicina Preventiva ven ofrecendo cursos de formación sobre o “Protocolo para atención dun posible caso de Ébola” e de emprego dos Equipos de Protección Individual desde o pasado mes de setembro 
  • Tódolos Centros de Saúde da provincia contan con dous equipos de protección individual adaptados aos procedementos asistenciais previstos, de acordo coas indicacións da OMS

Co obxectivo de ofertar aos traballadores a información necesaria para afrontar, con garantías e seguridade, a atención de calquera posible caso de Ébola nos centros de atención primaria ou hospitais do Servizo Galego de Saúde, o Servizo de Medicina Preventiva da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense procedeu a ampliar a súa programación formativa, cunha serie de sesións que se están a impartir en tódolos Servizos de Atención Primaria así como de Urxencias dos tres hospitais, con carácter de asistencia obrigatoriia.

Así, ademais dos cursos que se veñen ofrecendo de xeito ininterrompido desde o pasado mes de setembro, desde o pasado día 13 deste mes, programáronse cursos específicos, que teñen por obxectivo garantir o coñecemento do Protocolo establecido en Ourense e ofrecer formación con respecto ao uso dos EPIS (Equipos de Protección Individual) e aclarar calquera dúbida que poida xurdir.

Esta formación vai dirixida a todo o persoal de ditos servizos, a totalidade dos centros de saúde da provincia e os servizos de urxencias, incluíndo, como non podía ser doutro xeito, a tódalas categorías profesionais, xa que todos eles deben ser coñecedores do seu papel no manexo deste hipotético proceso asistencial.

Protocolo establecido e nivel asistencial designado para Ourense

Desde a posta en marcha do Protocolo para a Atención dun posible caso de Ébola,  dispoñible desde o pasado día 18 de setembro, e accesible na Intranet a tódolos traballadores da Xerencia de Ourense, procedeuse a súa difusión aos profesionais, mentres que en paralelo se distribuíron, a urxencias e centros de saúde, Equipos de Protección Individual (dous por centro de saúde), que seguen as indicacións da OMS, en canto a niveis de protección necesarios, adaptados a cada nivel asistencial e aos procedementos asistenciais previstos, sempre de acordo aos protocolos.

O protocolo establecido en Ourense inclúe a definición dos posibles casos: Paciente con febre elevada e calquera dos seguintes síntomas: Cefalea intensa, vómitos, diarrea, dor abdominal, calquera forma de manifestación hemorráxica non explicable ou fallo multiorgánico, e con, polo menos un dos seguintes antecedentes de posible exposición, nos 21 días previos ao inicio de síntomas: Estanza nalgunha das áreas afectadas descritas en la web de la Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, ou contacto cun caso de Ébola (posible ou confirmado), seus fluídos corporais/mostras biolóxicas.

Asemade detalla o procedemento de traslado do posible caso ao centro de asistencial de referencia, o Hospital do Meixoeiro, para seu diagnóstico e tratamento, se procede. Polo tanto, o nivel asistencial designado para os centros de Ourense céntrase na detección dun posible caso, indicarlle ao paciente a colocación dunha mascarilla cirúrxica, situalo nun habitáculo privado, e  proceder ao aviso do Servizo de Medicina Preventiva, á Dirección de Procesos Asistenciais e ao 061 para seu traslado ao Meixoeiro, así como a identificar aos seus contactos, facendo unha relación que inclúa dirección e teléfono para facilitarlle recomendacións de seguimento.

Ademais, o protocolo ofrece indicacións das precaucións e Equipos de Protección Individual, como instrucións para súa colocación e retirada. Recomendando que, xa que o paciente se trasladará para seu diagnostico e tratamento ao Hospital Meixoeiro, tan só se lle realicen as atencións e analíticas clinicamente imprescindibles para a seguridade do paciente e que non podan diferirse a súa chegada ao hospital de referencia.

Continuidade da oferta formativa en función das necesidades

De cara a garantir a plena satisfacción das necesidades formativas dos traballadores, tranquilizar ou clarexar calquera dúbida, desde a Dirección de Procesos Asistenciais de Ourense, unha vez rematen os cursos programados,  solicitarase aos responsables de cada un dos Centros e Servizos de Atención Primaria e Urxencias, que envíen unha valoración sobre a formación recibida e recollan as suxestións dos profesionais do centro, para a ampliación desta formación, clarexar dúbidas, ou o que estimen conveniente ao respecto.

A súa vez, desde as Unidades de Saúde Laboral e Prevención de Riscos, procederase á creación de equipos de formadores na colocación e retirada dos equipos de protección. Formadores que a súa vez formaran a profesionais nos seus servizos.

También te podría gustar...