IMG_0837

 

Onte polo serán,  pleno celebrado na Rúa, resultos ser un dos más movidos nestes últimos tempos na localidade. Congregáronse no salón de plenos e fora do edificio perto de 50 viciños para manifestarse pola tala recente de árbores  na ribeira do Sil o seu paso por A Rúa. Ante ás multiples informacións publicadas nos medios de comunicación nas últimas semanas, ante as mesaxes contradictorias que foron aparecendo nas redes sociais e, sobre todo, ante a postura de confrontación pola que optou o Partido Socialista; o Partido Popular da Rúa fixo pública a seguinte nota de prensa para que os veciños deste concello coñezan tódolos feitos que provocaron que fose inevitable a tala de árbores na ribeira do Sil, ó seu paso pola Rúa.

Como xa manifestou o alcalde, Avelino García Ferradal, o feito que provocou que o concello descubrise o mal estado no que se encontraban as árbores da zona da Reza foron os traballos realizados en 2012 para retirar o autobús escolar accidentado en 1977. Nese momento, ante o difícil que era o acceso a zona, solicitouse a Confederación Hidrográfica Miño – Sil que realizase unhas labores de tala e limpeza na ribeira do Sil. Este organismo comprometeuse a realizar unha primeira parte dos traballos necesarios, e fíxoo a través dunha empresa privada á que contratou. Para realizar a segunda e definitiva fase deste proxecto de limpeza a Confederación dixo que non contaban con máis presuposto. Eles deron os permisos, pero o concello tiña que correr cos gastos.

IMG_0849

 

 

Nese momento, o alcalde da Rúa púxose en contacto coa única empresa do municipio que realiza ese tipo de traballos, Maderas La Cigarrosa, S. L., para pedirlle se podería asumir a segunda fase das labores de tala e limpeza, sen recibir máis pago que a madeira que cortasen. Como aceptaron a proposta, por sorte para as arcas do noso concello, nunhas poucas semanas comezaron a obra na zona máis próxima á vía do tren, coordinados sempre por un técnico da Confederación. Cando foron avanzando na tala de árbores, foi cando os técnicos viron as pésimas condicións nas que se encontraban a gran maioría das árbores que cortaban. Foron os propios expertos da Confederación Hidrográfica os que confirmaron que os chopos da Reza eran un verdadeiro perigo para os usuarios da zona, debido a que os troncos estaban enfermos.

Para ver o mal estado no que se atopaban, só hai que botarlle un vistazo as fotografías que publicaremos a continuación na nosa páxina do Facebook. Nelas pódese observar claramente que as prantas estaban ocas. Ou o que é o mesmo, que existía un claro risco de que puidesen caer provocando importantes danos materiais e, incluso, personais.

IMG_0828

 

Permiso da Confederación

Ante esta difícil situación, o concello non lle quedou máis remedio que actuar para evitar males maiores. Tras un estudio previo, o rexidor da Rúa solicitou a Confederación permiso para cortar 60 destas árbores e Maderas La Cigarrosa pediu autorización para cortar outros 50. Coa fase de tala xa finalizada e sabendo que dispoñen dun prazo de 12 meses para finaliza-la obra, en canto as condicións climatolóxicas o permitan, a empresa reanudará os traballos para limpar toda a zona da Reza.

Por último, destaca o concello que ata que se recibiron tódolos permisos da Confederación non se talou ningunha árbore e que, ademais, foi este mesmo ente o que supervisou a realización da tala e o resultado final da actuación. Para que non haxa ningunha dúbida, todos estes permisos foron mostrados hoxe no pleno extraordinario que tivo lugar no concello e se entregou unha copia deles ós medios de comunicación.

IMG_0800