• O pasado 11 de setembro asinouse a cesión de terreos onde se construirá o novo edificio
  • A sinatura entre os propietarios e o concello fíxose no salón de plenos

 

O Alcalde da Rúa, orgulloso da súa xestión, comunicou a través do perfil do concello na rede social Facebook a súa satisfacción pola xestión realizada para abrir o camiño á construción do novo Centro de Saúde.

“Con esta firma, estamos a piques de cumprir coa parte acordada no convenio firmado no mes de xaneiro coa Xunta e a Deputación; Isto, sumado á subvención de 130.000€ concedida pola Deputación para a construción do vial necesario, permitirá que a Xunta comece a elaboración do proxecto de construción do edificio para que se materialice o antes posible”, explica Álvaro Fernández.

E engade no comunicado “como alcalde, síntome orgulloso e, ademais, moi satisfeito, polo importante esforzo administrativo e de xestión que realizamos para conseguir os terreos”.

 

Como remate ao comunicado traslada o agradecemento incondicional á Xunta de Galicia, á Deputación de Ourense e tamén ao grupo de goberno, técnicos e servizos administrativos do concello polo traballo e as xestións realizadas. E como non, tamén dá as grazas aos propietarios dos terreos pola boa disposición para axilizar a operación e aos veciños e veciñas da Rúa polo apoio e confianza.