A desfeita

  • Artigo de Alberte Montes, actor, humorista e guionista

@RCDeportivo

 

Desfeita. Coido que é a palabra que mellor lle cadra ó momento. Por como acontece e polo que supón que aconteza. E porque supera en dramatismo (e patetismo) ó que ocorreu en Mallorca hai tres tempadas.

Eu sí que non vou falar de fútbol, pero igual cumpría un pouco. Non querer falar de fútbol despois dun partido así é como se eu lle dixera a miña nai que non quero falar de estudar despois de suspender a selectividade. Non é plan. Porque as desculpas axudan, pero a autocrítica máis.

 

Imaxe: Miguel

Porque as desculpas axudan, pero a autocrítica máis.

 

E non hai nada máis que queira dicir en quente, porque non me sae. Sáeme encher o peito de orgullo pola cantidade de persoas que regou A Coruña onte á tarde. Polo murmurio xeneralizado de xente pendente, afeccionados emigrados, simpatizantes alén da praia de Riazor… Onte todo eran… Ganas, ansia e felicidade.

Imaxe: Miguel

 

Porque en Riazor rimos moito, ás veces con motivo

 

O partido deunos a todos e todas unha losquiada coa man aberta e aguantamos mellor que Chris Rock diante de Will Smith. Hoxe non hai felicidade, pero resisten as ganas e a ansia. Ganas e ansia de volver ver xogar ó teu equipo, vibrar, en Primeira, Segunda, Terceira ou no Torneo de Futbito de Seadur. O deportivismo non está co equipo, o deportivismo é o equipo. Onte, unha vez máis, foi MVP, mágoa que non chegará con iso.E ollo, que a felicidade volverá, porque sempre volve. Porque en Riazor rimos moito, ás veces con motivo.

Penso nos cativos que encheron o estadio onte, e que só levaron paus neste derradeiros anos, e non sinto tristura, sinto admiración. Eles cren e teñen un sentimento máis forte do que teño ou tiven eu xamais. O futuro do Dépor é a rapazada: no verde e na grada.

 

 

Imaxe: Miguel

 

 

También te podría gustar...