A Deputación de Ourense solicita á Xunta a cesión da sede comarcal do Castro para o «Museo Antropolóxico de Galicia» de Olegario Sotelo

  • Manuel Baltar tratou onte este tema na reunión que mantivo no Pazo Provincial co editor e coa alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega

0 0 MB e Mus Antroplog

 

A Deputación solicitará á Xunta de Galicia a cesión da sede comarcal do Castro para situar nela o «Museo Antropolóxico de Galicia», do editor e empresario Olegario Sotelo. A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Ines Vega, e o intelectual caldelao reuníronse onte no Pazo Provincial con Manuel Baltar para tratar este tema. O reto será axilizar todos os trámites administrativos para que o «Museo Antropolóxico de Galicia» abra ao público no ano 2017.

O presidente do goberno provincial remarcou a importancia de que unha infraestrutura cultural de tanta relevancia estea situada na provincia de Ourense, «terra traballadora, creativa e emigrante, que se por algo se ten caracterizado ao longo dos séculos é pola defensa firme e permanente das súas tradicións, cultura e etnografía, algo que entronca perfectamente coas nosas singularidades como pobo», expresou Manuel Baltar.

O Museo Antropolóxico de Galicia suporá tamén un atractivo máis para a Ribeira Sacra, nestes momentos en pleno proceso para acadar o recoñecemento da Unesco como Patrimonio Mundial.

Asemade, Manuel Baltar e Olegario Sotelo Blanco falaron do futuro «Museo Galego da Emigración», actuación que forma parte do Plan Ourense 15-19, que terá a súa sede no Pazo de Vilamarín, propiedade da Deputación de Ourense. O obxectivo é converter a este museo no centro de referencia da nosa emigración.

También te podría gustar...