A Deputación de Ourense destina en 2014 máis de 30.000 € para a Mostra de Teatro de Ribadavia

Manuel Baltar e Marcos Banco (centro)

A Deputación de Ourense destina este ano 2014 un total de 30.406 € para a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), o festival de artes escénicas “da Ourensanía”, como coincidiron en cualificalo tanto o presidente provincial, Manuel Baltar, como o alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, polo que supón de espallamento da nosa cultura e apertura á internacionalización e intercambio cultural. Neste senso, hoxe tivo lugar na Casa do Concello de Ribadavia a sinatura dun convenio de cooperación entre a institución provincial e o concello para a execución da subvención nominativa á Mostra Internacional de Teatro que supón unha achega de 20.128 € para o financiamento deste festival teatral.

A esta cantidade hai que sumar no presente exercicio unha achega de 10.278 € que a Deputación de Ourense aportou á MIT dentro da liña de subvencións para a realización de festivais, ciclos, mostras ou actividades análogas correspondentes a 2014.

También te podría gustar...