Deputación Ourense

 

A Deputación de Ourense terá mñá, en primeira convocatoria ás 11:00h, o pleno ordinario lembrando que uele escollerese sempre o derradeiro venres do mes para a celebración do mesmo.

Celebrarase no salón de sesións do Pazo Provincial.

Os puntos de orden do día que vanse a tratar serán os seguintes:

  1. Acta da sesión anterior, correspondente á ordinaria do día 26 de setembro de 2014.
  2. Declaración institucional da Deputación Provincial de Ourense-grao de Enxeñería Física.
  3. Aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo 2015.
  4. Aprobación inicial do Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2015.
  5. Ratificación da modificación dos estatutos do Consorcio do Centro Asociado da UNED, para a súa adaptación á Lei de racionalización e sostibilidade da administración local e á Lei de racionalización do sector público.
  6. Aprobación do himno oficial da provincia de Ourense.
  7. Expediente de modificación das bases de execución do orzamento n.º 1/2014, do INORDE.
  8. Aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2015.
  9. Expropiación forzosa para a execución da obra de mellora da estada provincial OU-114 Vilar de Santos (OU-321)-Ponteliñares (OU-301), n.º 103/PB/2014, en Vilar de Santos.
  10. Ratificación da subscrición do protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Ourense e o Concello de Beade, para a rehabilitación da Casa do Concello de Beade.
  11. Dación de conta da relación de decretos da Presidencia do mes de setembro de 2014 e dos seguintes adicionais: 2º de xuño, 1º de xullo e 1º de agosto de 2014.
  12. Dación de conta da relación de decretos da Vicepresidencia do mes de setembro de 2014 e dos seguintes adicionais: 1º de xullo e 1º de agosto de 2014.
  13. Mocións de urxencia.
  14. Rogos e preguntas.