Concello de O Barco

 

Coma todolos primeiros xoves de cada mes, celebrarase pleno ordinario do Concello de O Barco no que o primerio que se tratará é a aprobación da acta do Pleno da sesión celebrada o día 2 de outubro de 2014.

Ademáis terase en conta o ditame da Comisión Informativa de Patrimonio, Facenda, Contas e Promoción Económica relativo á modificación orzamentaria crédito extraordinario 06/2014, financiado co expediente de baixa por anulación 05/2014.

Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, proposición do Grupo Municipal do P.P. na que se solicita a “rebaixa do 10% da taxa do lixo para o ano 2015”.

Por outro lado, na fase de control áos órganos de goberno:

1. Mocións urxentes (sen incluír na orde do día e previa ratificación da súa urxencia, por maioría absoluta do número legal dos membros do Pleno, para o caso de que se presenten).
2. Rogos e preguntas.
3. Dación de contas: Informe das resolucións da Alcaldía dende o nº 566/14 ata o nº 697/14 e das actas da Xunta de Goberno Local de 25 de setembro e 2, 10, 16 e 23 de outubro de 2014.
4. Dación de conta en materia de morosidade (3º trimestre 2014).