Pleno de xaneiro 2015 da Deputación de Ourense

 

O pleno de xaneiro da Deputación de Ourense celebrado hoxe adoptou, entre outros acordos, a aprobación da ordenanza fiscal de recadación, que ten como obxectivo regular as normas de xestión, inspección e recadación dos tributos propios da Deputación e dos seus organismos dependentes así como dos tributos municipais delegados polas entidades locais da provincia de Ourense.

Os aspectos xerais da ordenanza sinalan que a tramitación de expedientes estará guiada por criterios de racionalidade e eficacia, procurando a simplificación dos trámites que deban realizar os contribuíntes, e facilitando o acceso destes á información administrativa que por lei lles corresponda. Asemade, impulsarase a aplicación de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos para a tramitación de expedientes administrativos, co fin de mellorar a eficiencia das comunicacións cos concellos, outras administracións públicas e os colaboradores sociais cos cales se subscriba o pertinente convenio e cos contribuíntes.

A ordenanza contén artigos referidos ao acceso dos arquivos e documentos; o dereito á obtención de copia dos documentos que obren no expediente; información e asistencia aos contribuíntes, e sobre as normas de xestión, tributos, beneficios fiscais, prescrición e compensación e temas de inspección tributaria, entre outros.

OUTROS ACORDOS DO PLENO FORON OS SEGUINTES:

RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN DE ORDENACIÓN DE RECURSOS HUMANOS 2015 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Acordo:

Desestimar a alegación formulada por don José Manuel Figueirido Rodríguez, ao non ter por obxecto as determinacións propias do Plan de Ordenación de Recursos Humanos, e sen prexuízo de cal sexa o sentido no que se resolva a alegación formulada polo mesmo interesado respecto da Relación de Postos de Traballo para o exercicio 2015.

Estimar a alegación formulada polo xefe do Servizo de Recursos Humanos, Formación e Réxime Interior no sentido de incluír no apartado de categorías profesionais para persoal laboral fixo do Plan de ordenación de recursos humanos para o exercicio 2015 as seguintes categorías profesionais: bombeiro-condutor (C2), monitor deportivo de sala de fitness (C2) e monitor de lecer no rural (C2). 

Aprobar definitivamente o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2015 da Deputación Provincial de Ourense e Ordenar a publicación do texto íntegro do Plan de ordenación de recursos humanos para o exercicio 2015 da Deputación Provincial de Ourense no BOP.

RESOLUCIÓN DE ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E DO INORDE PARA O EXERCICIO 2015

Acordo:

Estimar a alegación formulada polo Concello do Carballiño, modificando no Plan estratéxico de subvencións da Deputación Provincial de Ourense e do INORDE para o exercicio 2015 a liña de acción C.2. Fomento da cultura, engadindo un apartado XII no seu punto 5º. Plan de acción, co seguinte contido:

Achega ao Premio Antón Losada Diéguez. Prevese unha achega de 6.000 € como contribución da Deputación ao Premio Antón Losada Diéguez”.

Aprobar definitivamente o Plan estratéxico de subvencións da Deputación Provincial de Ourense e do INORDE para o exercicio 2015.

Publicar integramente no BOP o dito Plan, coa modificación aprobada.

APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO DO EXERCICIO 2015

Acordo:

Aprobar inicialmente a modificación das bases de execución do orzamento xeral do exercicio de 2015.

APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA POR SUPLEMENTO DE CRÉDITO E CRÉDITO EXTRAORDINARIO N.º 1/2015

Acordo:

Aprobar a modificación de créditos do expediente, co seguinte detalle:

 

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
450.12/762.01 Cooperación provincial a concellos subvencións 1.088.158,21

 

CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS. GASTOS DE INVESTIMENTOS

 

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
341.11/762.01 Promoción e fomento do deporte a concellos nominativas 601.164,20
414.11/789.01 Promoción e fomento do medio rural a familias e institucións se fin de lucro 50.000,00
231.11/789.01 Promoción e acción social a familias e institucións sen fins de lucro 75.000,00
432.11/766.00 Promoción e fomento do turismo a outras entidades de agrupacións municipais 142.617,91

 

SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS CORRENTES

 

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
231.11/480.01 Atencións benéficas e sociais nominativas. Acción social 45.000,00
334.20/462.01 A Concellos. Actividades culturais/recreativas 117.000,00

 

CRÉDITO EXTRAORDINARIO. GASTOS CORRENTES

APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
924.12/489.01 A entidades sen fins de lucro. Participación veciñal 8.800,00
450.12/462.06 A concellos cooperación provincial 25.000,00
341.11/489.01 A entidades sen fins de lucro. Promoción e fomento do deporte 71.000,00
431.12/489.01 Promoción comercial entidades sen fins de lucro 120.000,00
334.17/489.09 Promoción cultural entidades sen fins de lucro 159.000,00
135.15/463.00 A Mancomunidade de Celanova. Servizo contra incendios 12.000,00
334.11/207.00 Prestación de servizos. Edicións e publicacións 90.000,00 €

 

RESUMO

Suma suplementos de crédito ………………………………………. 1.250.158,21 €
Suma créditos extraordinarios  ……………………………………………… 1.354.582,11 €

 

RECURSOS UTILIZADOS

Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais 2.604.740,32 €

De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tras o anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DAS BASES DE EXECUCIÓN DO ORZAMENTO N.º 1/2015, DO  INORDE

Acordo:

Modificar as bases de execución do orzamento do INORDE para o exercicio 2015, especificando no capítulo 4º de gastos que, con cargo á aplicación orzamentaria 422.11/489.06 “a organizacións ou asociacións sen ánimo de lucro e outras” e con cargo á 422.11/462.01 “a concellos, subvencións nominativas”, a previsión de subvencións nominativas ás seguintes entidades para o concepto e polo importe que se detallan:

 

Beneficiario Finalidade Importe
Concello de Cea Parque empresarial 50.000 €
Concello de Riós Parque empresarial 35.000 €
Centro Comercial Aberto Ourense Actividades centro 8.000 €
Xóvenes Empresarios de Ourense Actividades xóvenes empresarios 6.000 €
TOTAL 99.000 €

 

De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público tralo anuncio no BOP, por quince (15) días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.

 

APROBACIÓN DA EXPROPIACIÓN FORZOSA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL “OU-0703 TRIVES-CHANDREXA DE QUEIXA”, Nº 124/2014/PB, NO CONCELLO DE A POBRA DE TRIVES

 

Acordo:

Estimar as alegacións formuladas polos propietarios das parcelas 318 e 321.

Aprobar o proxecto técnico da obra de mellora da estrada provincial “OU-0703 Trives-Chandrexa”, n.º 124/PB/2014, no municipio da Pobra de Trives, así como o anexo de expropiacións, no que se inclúe o plano parcelario e a relación de bens afectados. Ter por declarada a utilidade pública das obras mencionadas, de conformidade co disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, de 28 de xuño, de estradas de Galicia. Acordar definitivamente a necesidade de ocupación, con carácter urxente, dos terreos incluídos na relación de bens e dereitos afectados pola expropiación, de conformidade co previsto no citado artigo da Lei de estradas de Galicia.

 

N.ºPARCELA EXPEDIENTE N.º POLÍGONO/PARCELA CATASTRO TIPO PARCELA PROPIETARIO EXPEDIENTE M2EXPROP
293 61/1597 Rústica Herdeiros de Pilar Rodriguez Gonzalez 107,79