Aprobados os convenios de colaboración entre o Consorcio de Augas de Valdeorras e Deputación de Ourense

  • A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba convenios de colaboración para a prestación de servizos no ciclo da auga a concellos da provincia
Xunta de Goberno 28/12/2015

Xunta de Goberno 28/12/2015

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou convenios de colaboración para a prestación de servizos no ciclo da auga a concellos da provincia de Ourense. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao luns 28 de decembro.

En concreto, aprobou dous convenios de colaboración entre a Deputación de Ourense e o Consorcio de Augas de Valdeorras, un para a prestación de asistencia técnica, xurídica e administrativa na xestión dos servizos de abastecemento de auga potable e saneamento no municipio do Barco de Valdeorras durante o exercicio 2016, e outro para a prestación de asistencia técnica, xurídica e administrativa na xestión do servizo intermunicipal delegado de depuración de augas residuais na Comarca de Valdeorras durante o exercicio 2016.

Asemade, na reunión aprobouse un convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os Concellos de Nogueira de Ramuín e O Pereiro de Aguiar para a prestación de asistencia técnica para a xestión da Estación de Tratamento de Auga Potable en Melias durante o vindeiro ano.

No ámbito de infraestruturas, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda a favor do Concello de Padrenda por importe de 30.200 euros para a praza de San Roque de Crespos.

También te podría gustar...