Hoxe debatirase a moción do BNG para solicitar o rexistro da Deputación no dominio .gal.

.galHoxe debatirase a moción do BNG para solicitar o rexistro da Deputación no dominio .gal., a proposta de Leopoldo Rodríguez Puga e Xaime Óscar Iglesias Pérez, deputados do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, ao abeiro da Lei da Administración Local de Galiza e demáis disposicións concordantes.

Na súa moción instan ao Grupo de Goberno desta corporación para que rexistre e active o seu enderezo .gal nos prazos establecidos pola asociación que xestiona o dominio galego.

Así mesmo instar ao Executivo Provincial para que estableza un plan local de promoción entre as diferentes entidades e asociacións da Provincia co obxecto de que comecen a mudar as súas páxinas web cara ao .gal, incluíndo o preceptivo asesoramento para a migración de todos estes enderezos cara a este novo dominio que nos identifica como país.

No derradeiro punto que se inclúe na moción presentada, tamén se insta ao Goberno Provincial a fin de que xestione unha liña extraordinaria de axudas destinadas ás entidades e asociacións para facer fronte á tarifa da Asociación PuntoGal.

También te podría gustar...