A Consellería de Benestar adica 630.000 euros a 26 entidades de inclusión da provincia de Ourense

beatriz matoUn total de 26 entidades de inclusión social da provincia de Ourense benefícianse este ano da orde de axudas da Consellería de Traballo e Benestar destinada a este colectivo. Esta convocatoria supón o investimento neste exercicio de 630.000 euros na provincia, un 10 por cento máis que o ano anterior. Ademais, unha gran parte das entidades están a percibir unha contía maior que en 2013.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe a fundación Juan Soñador, coa que o departamento autonómico ten colaborado con máis de 750.000 euros nos últimos seis anos e que este ano recibirá máis de 92.000 euros. Lembrou que a orde de axudas para entidades de inclusión incrementouse este ano para toda Galicia ata acadar os 3,7 millóns de euros e en 2015 acadará os 4 millóns, o que supón un incremento do 37% nos últimos tres anos.

Dito esforzo permitiu incrementar o número de entidades con axuda ata as 117 en toda Galicia, un 11,4% máis que en 2013, ademais de que a maior parte das entidades perciben unha contía maior. En total, financiaranse 321 actividades.

Beatriz Mato destacou o labor social que leva a cabo Juan Soñador a través de programas como o ‘Teranga’ atende en Ourense a 270 persoas cada mes.

A titular de Benestar engadiu que, ano tras ano, auméntase a partida destinada á inclusión. O orzamento das partidas destinadas á inclusión é de 70 millóns de euros, un 17,7% máis que en 2014. Ademais, increméntase a RISGA en 8 millóns de euros, un 20% máis que o orzamento inicial que este ano e blíndanse as axudas de integración social, con 4,5 millóns de euros.

También te podría gustar...