Máis de 13.000 estudantes comenzan sen incidencias en Ourense o curso de educación secundaria, bacharelato e outras ensinanzas

  • A matriculación mantense en porcentaxes similares, á espera dos datos definitivos
  • Nos centros ourensáns hai 8.669 matriculados en educación secundaria obrigatoria (ESO), mentres que bacharelato o cursarán 3.104 rapaces
  • Ademais, hoxe tamén volven ás aulas os alumnos e alumnas de ensinanzas de réxime especial e de Formación Profesional

 

Máis de 13.000 estudantes iniciaron onte o curso en educación secundaria obrigatoria (ESO), bacharelato e ensinanzas de réxime especial (ensinanzas para adultos, artísticas e deportivas) nos centros educativos da provincia de Ourense. Segundo os datos provisionais de matriculación, son 8.669 as alumnas e alumnos que volven ás aulas da ESO, e 3.104 ás de bacharelato. Canto ás ensinanzas de réxime especial, nas básicas están matriculados 1.403 estudantes, mentres que nas regradas de música o alumnado ascende a 901.

150915 IES Couto

Ademais, onte tamén deron comezo as clases nos ciclos formativos de Formación Profesional e nos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) que se imparten nos institutos de educación secundaria (IES) e nos Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) da provincia ourensá. Os datos de número de matriculados nestas ensinanzas coñeceranse nas vindeiras semanas, unha vez remate o prazo de matriculación de alumnas e alumnos na segunda adxudicación do período extraordinario de admisión.

150915 IES O Couto

Cómpre sinalar que a totalidade dos centros iniciaron a súa actividade con normalidade, tal e como comprobou o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, quen xunto coa xefa territorial de Educación, Mercedes Gallego, estivo nas primeiras horas do curso escolar no IES O Couto da cidade das Burgas e no IES nº 1 do Carballiño, onde asistiu á conferencia inaugural  que o centro organizou como acto de apertura do curso.

150915 IES nº1

Martínez aproveitou a visita a estes dous centros para supervisar as obras de reforma e mellora executadas durante o verán. No IES da capital reparáronse as cancelas invistiento máis de 2.600 euros, mentres que algo máis de 10.000 euros correspondéronlle ao IES carballiñés , no que as melloras se centraron no cuberto da zona dos baños exteriores e no peche do soportal.

Educación Secundaria

Segundo as estimacións e datos provisionais da Xunta de Galicia, un total de 8.669 alumnos e alumnas comezaron hoxe o curso nos centros ourensáns que imparten a educación secundaria obrigatoria. Deles, 5.538 están matriculados en centros públicos, 2.966 en privados concertados e o resto en privados non concertados.

Nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminúe lixeiramente  cifrándose en 401.

Bacharelato ordinario

Tamén comezaron as clases os 3.104 alumnos matriculados en bacharelato ordinario. Segundo a titularidade dos centros, os públicos acollen o maior número de alumnos, un total de 2.552 alumnos fronte os 552 que cursan estes estudos postobrigatorios en centros privados non concertados.

Outras ensinanzas

Tamén chegaron ás aulas os estudantes de educación especial e os matriculados en ensinanzas artísticas. Nestas disciplinas destacan, segundo os datos provisionais,  os 901 matriculados en ensinanzas regradas de música .

No que atinxe ás ensinanzas para adultos, estímase que na provincia de Ourense as cursarán no curso 2015/2016 un total de 1.403 persoas. Das que 84 están matriculadas en ensinanzas básicas de nivel I e II, 617 en educación secundaria para adultos, 258 en bacharelato presencial e 444 no bacharelato semipresencial ou a distancia.

Formación Profesional

No caso da Formación Profesional a Consellería está aínda a pechar os datos de matriculación, que serán difundidos en datas próximas. Aínda así, a previsión inicial realizada polo departamento educativo da Xunta de Galicia é que – contando tanto os ciclos formativos en réxime ordinario e modular como a FP a distancia, o segundo curso dos Programas de Cualificación Profesional Inicial, a FP Dual e a nova FP Básica- o número de alumnas e alumnos ascenda respecto do curso 14/15

También te podría gustar...