Xuventude convoca unha nova edición do intercambio xuvenil entre Galicia e a rexión xaponesa de Wakayama para 15 mozos

image_galleryA Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convocará o luns, no marco do programa de mobilidade ‘A Xuventude no mundo’, un intercambio xuvenil á Prefectura de Wakayama (Xapón), que se desenvolverá entre o 17 a 24 de agosto de 2015.

O número de prazas para este edición son 15 e os destinatarios desta iniciativa son os mozos e mozas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de celebrarse o intercambio e que non participaran en anteriores edicións do programa ‘A Xuventude no mundo’.

A inscrición será mediante envío de formulario electrónico a través do portal http://xuventude.xunta.es e o prazo estará aberto do 30 de marzo ao 5 de abril. A concesión das prazas, sempre que se cumpran os requisitos, realizarase por rigoroso orde de inscrición.

Esta non é a primeira vez que Wakayama e Galicia comparten vínculos. De feito, xa en 1998 as dúas rexións irmandáronse e, desde entón, foron varios os programas conxuntos que se levan a cabo, sobre todo centrados no turismo e na cultura. No que respecta á xuventude, en 2009 estableceuse un protocolo de traballo entre as dúas administracións rexionais para favorecer os lazos de unión entre as entidades xuvenís de Wakayama e Galicia.

Así, esta será a décima experiencia de intercambio xuvenil entre a Xunta de Galicia e a Prefectura de Wakayama, sumando un total de 150 participantes, mozos e mozas galegos e xaponeses. Ambas rexións están unidas polo seus itinerarios de peregrinación: o Camiño de Santiago en Galicia e o Camiño Kumano Kodo en Wakayama, dúas rutas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade.

Durante a semana de duración do intercambio, os mozos galegos coñecerán a cultura e lingua xaponesa, as súas costumes, interactuarán con mozos xaponeses en distintas actividades e durante os tres últimos días convivirán con familias xaponesas de acollida.

También te podría gustar...