Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13diarO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Traballo e Benestar que establece as bases do programa de incentivos á contratación dos mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, dotada con 3,2 millóns de euros e co obxectivo de mellorar a súa ocupabilidade e inserción profesional http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150820/AnuncioCA05-130815-0002_gl.html

Nesta orde distínguense dúas modalidades de axuda: para contratación indefinida e para contratación temporal. No caso da contratación indefinida, subvenciónanse as contratacións con 7.000 euros. Esta contía incrementarase en 600 euros no suposto de que a persoa contratada sexa muller e ata 8.200 euros no caso de que a contratación sexa realizada por empresas pertencentes a sectores estratéxicos.

Na segunda modalidade, subvenciona as contratacións de carácter temporal a tempo completo, así como a súa transformación en indefinido -agás o contrato temporal para a formación e aprendizaxe-, cunha axuda comprendida entre 1.200 euros por un contrato de duración de 6 meses e con 3.600 euros no caso do contrato en prácticas. A súa transformación en indefinidos incentivarase con 2.500 euros. Estas contías incrementaranse tamén no caso de que a contratación se realice cunha muller ou en empresas pertencentes a sectores estratéxicos.

As axudas, inscritas no marco do apoio do departamento autonómico ao acceso ao mercado laboral por parte dos mozos e mozas desempregados, comprenderán as accións subvencionables levadas a cabo pola empresa desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.

Para inscribirse no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil é necesario ter nacionalidade española ou ser cidadán europeo ou estranxeiro que resida en España, estar empadroado en calquera municipio español, ser menor de 30 anos, non ter traballado nos 30 días anteriores á solicitude, e non ter recibido accións educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90 días anteriores.