image_gallery (1)

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza con membros da directiva de Cáritas Santiago para abordar un proxecto que a asociación quere poñer en marcha para fomentar o emprego entre as persoas en risco de exclusión social.

Durante a reunión, Mato mostrou o apoio do seu departamento a esta iniciativa, que consiste na creación dunha empresa de inserción laboral. A titular de Traballo lembrou que a Xunta, a través da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, conta con liñas de axudas ao fomento da contratación e unha específica para a creación de empresas de inserción laboral, unha fórmula empresarial na que existe a obriga de que un mínimo do 30 por cento do cadro de persoal estea composto por persoas en risco de exclusión social.