XVIII Feira Medieval de Monforte: ambientazo, premiados e volta ao medievo

 

Coa lectura ás 12 da mañá na Praza de España do saúda por parte do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, deu comezo oficialmente a XVIII Feira Medieval de Monforte, que se desenvolve hoxe sábado 16 e mañá domingo 17 de abril na cidade do Cabe.

 

O Alcalde estivo acompañado no acto inaugural pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o  2º Tenente Alcalde  e voceiro, Ibán Torres,  o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Consumo, Regina López, a Concelleira de Muller e Igualdade,  Margarita López, o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé, os concelleiros do Partido Popular, Katy Varela e Víctor Rodríguez,  o concelleiro do BNG, Emilio Sánchez, a Inspectora Xefa do Corpo de Policía de Monforte, Mónica Gutiérrez, os Comandante de Puesto e o Capitán Guardia Civil de Monforte, José Luís Eguren  eJosé Antonio Hernández, Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez.

 

Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como Pablo Rivera, Deputado de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, José Luís Raposo, e Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, Luís Álvarez, Deputado e Voceiro do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Ana Prieto, Diputada no Congreso dos Deputados, José Antonio Quiroga, Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, entre outros.

 

Tras o saúdo oficial do Alcalde, tivo lugar a salva de artillería, cunha réplica dunha bombarda do século XIV, que deu inicio oficial á Feira.

Premiados e premiadas nos concursos da XVIII Feira Medieval de Monforte

 

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, fixo entrega dos premios correspondentes ós diferentes concursos convocados arredor da XVIII Feira Medieval.

No acto de entrega de premios, que tivo lugar as 17.30 h na Praza de España, o rexedor monfortino estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luís Losada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, a Concelleira de Consumo, Regina López, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Tomé.

Os premiados e premiadas nas diferentes categorías foron os seguintes:

 VI Concurso de Decoración de Balcóns

1º premio.- Casino Ateneo… 100€

2º premio.- Belén Prieto, de rúa Falagueira, 11… 75 €

3º premio.- Victoria Saco, de Carude, 46… 50€

VII Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros

1º premio.- Fildar, Doutor Casares 12… 200€

2º premio.- Zapatería Dos Pies, Cardenal 10… 100 €

3º premio.- Farmacia ortopedia Madriñán, Cardenal 23… 75€

IX Concurso de Traxes Medievais

Infantil:

Individual:

  • 1º premio: José Antonio Vila Sánchez… 50 €
  • 2º premio: Sofía Rodríguez Sequeira… 25 €

Parellas (2 compoñentes):

  • 1º premio: Édgar e Oliver Quiroga Sarceda… 100 €
  • 2º premio: Ines García Vázquez e Alfonso Rodríguez Rodríguez… 75 €

Adulto:

Individual:

  • 1º premio: Lucía varela Relegiel… 75 €
  • 2º premio: Sara Gestal Giménez… 50 €

Parellas (2 compoñentes):

  • 1º premio: Isabel García Sánchez e Pilar Sánchez… 175 €
  • 2º premio: Aldara Otero Fernández e Patricia Lamas López… 125 €

 

También te podría gustar...