Xornadas Cooperativismo Aproveitamento Micolóxico no Concello de A Veiga o vindeiro sábado

CogumelosXornadas Cooperativismo Aproveitamento Micolóxico no Concello de A Veiga o vindeiro sábado día 8 de novembro en horario de 10:00h a 14:00h. A xornada terá lugar no Salón de Plenos do Concello.

Serán impartidas polo micólogo Alejandro R. Mínguez González.

No programa das mesmas atopamos unha charla culinaria, unha demostración de cociña e maís unha saída técnica.

Alejandro R. Mínguez González é o fundador e secretario da Asociación Cultural e Micolóxica de Celanova, ademáis de ser o co-organizador das Xornadas Micolóxicas de Celanova durante case 20 anos, 1995- 2013. Posúe unha ampla formación e experiencia como docente no ámbito da micoloxía.

Ademáis é o propietario de Plan C, Tapería Típica e Sala Permanente de Exposición micolóxica en Celanova.

Autor de oito libros sobre micoloxía, entre eles “En el país de las setas. Un reino de virtudes desconocidas” Novidade editorial, Ano 2014.

 

También te podría gustar...