‘Xacobio’ levará a un grupo de participantes de Biospain 2014 a percorrer o Camiño de Santiago

xunta de galiciaBiospain, o encontro biotecnolóxico máis importante de Europa e o terceiro do mundo, celébrase este ano en Santiago de Compostela entre o 24 e o 26 de setembro. Esta edición quere aproveitar a singularidade do Camiño de Santiago e, días antes da súa execución, celebrarase unha marcha baixo o nome de ‘Xacobio’.

Deste modo, un grupo de participantes, xornalistas e bloggers de Biospain 2014 percorrerán un tramo do Camiño Portugués os días 21, 22 e 23 de setembro. A iniciativa conta coa colaboración de Turismo de Galicia, que acompañará os peregrinos durante a última etapa que partirá de Cesures, o martes 23 de setembro, para alcanzar a meta, Santiago de Compostela.

Este grupo únese aos 177.086 peregrinos que percorreron xa o Camiño de Santiago no que vai de ano, un 9,55% máis que no ano 2013.

O encontro internacional de biotecnoloxía, que está organizado por Asebio (Asociación Española de Bioempresas), realízase cada dous anos nunha cidade española. Tras unha loita con catro candidaturas moi potentes, finalmente Santiago de Compostela foi a elixida por «o forte compromiso de todo o Goberno galego», segundo afirmou Regina Revilla, presidenta de Asebio.

También te podría gustar...