Xa temos fechas para a XV Mostra do Aceite de Quiroga

XV Mostra do Aceite de QuirogaO Concello de Quiroga quere informar a todos os interesados en participar na XV Mostra do Aceite de Quiroga, que a data de celebración deste evento será o sábado, día 16 de maio no muíño de Bendilló. A escolla da data quedou pendente na celebración da primeira  xuntanza da Comisión Organizadora o pasado mes de decembro, por mor de compatibilizar co resto de  eventos e actividades da programación anual municipal para o presente ano.

A mostra trasladouse ao mes de maio na pasada edición, nas anteriores celebrábase en febreiro ou marzo, pero debido ao mellor estado do produto optouse por este atraso e os bos  resultados da pasada edición  fan que o evento se asente nestas datas.

También te podría gustar...